Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química: Equilibrio e Cambio | Código | 610G04008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B7 B8 C1 | A proba mixta consistirá na resolución de problemas e cuestións relativos aos contidos do conxunto da materia. Esta proba final realizará nas datas oficiais acordadas no Centro. |
55 |
Proba obxectiva | A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B7 B8 C1 | As probas obxectivas levaranse a cabo periodicamente e consistirán na realización de exercicios curtos nos seminarios e de tests de autoavaliación na aula virtual, co fin de avaliar o grao de comprensión do alumnado dos aspectos máis importantes da materia. | 20 |
Prácticas de laboratorio | A1 A2 A3 A7 A8 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C6 | A realización das prácticas é obrigatoria para aprobar a materia. Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do/ alumno/a na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos, a elaboración do diario de laboratorio, etc. Avaliarase o grao de racionalización mediante probas curtas sobre as prácticas. A rúbrica de avaliación das prácticas presentarase ao comezo do curso e estará dispoñible no campus virtual da materia. |
15 |
Seminario | A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C6 | Valorárase a resolución de boletíns de cuestións e/ou problemas, cumplimento de datas para a súa entrega ou revisión e tamén a participación do/a alumno/a a través da formulación de preguntas antes ou despóis do desenvolvemento dos seminarios. A rúbrica de avaliación dos seminarios presentarase ao comezo do curso e estará dispoñible no campus virtual da materia. | 10 |
Observacións avaliación | |||
A cualificación global comporase dos seguintes porcentaxes:
Dado que a cualificación se basea no modelo de avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do estudante ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo de 1.0 puntos que se poderá sumar á cualificación global. - Para superar a materia será obrigatorio: 1) A realización das prácticas de laboratorio. 2) Obter unha cualificación superior ou igual a 5 puntos (sobre 10) nas prácticas de laboratorio e na proba mixta. E no caso de non alcanzar dita puntuación mínima nalgunha destas actividades avaliables, a materia figurará como suspensa, aínda que a cualificación media sexa igual ou superior a 5 (nese caso a puntuación asignada será de 4,5). -Os/as estudantes que non participen nas actividades avaliables das sesións de seminario e non realicen as probas obxectivas obterán unha cualificación de 0 neses apartados (30% da nota global) nas dúas oportunidades. Na segunda oportunidade manterase a cualificación obtida durante o curso para a nota global. - Na primeira e segunda oportunidade, os/as estudantes que fixeran as prácticas e acadaran menos dun 5, tendrán a oportunidade de realizar, ademáis da proba mixta, unha proba específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica sustituírá á cualificación obtida nas prácticas para a cualificación global. - O/a estudante obterá a cualificación de non presentado cando non realice as prácticas de laboratorio e tampouco se presente á proba mixta. Polo que refírese aos sucesivos cursos académicos, o proceso de enseñanza-aprendizaxe, incluida a avaliación continua, refírese a un curso académico, e polo tanto, volvería a comenzar un novo curso, incluidas todas as actividades e procedimientos de avaliación que se programe para dicho curso. -Na segunda oportunidade: a cualificación da proba mixta obtida na No caso de circunstancias excepcionais, obxectivas e adecuadamente xustificadas, o Profesorado Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumnado que se atope nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia. Estudantes con recoñecemento de adicación a A realización das prácticas de laboratorio será obrigatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Consideraranse exentos das sesións maxistrais, aínda que se lles facilitará a asistencia ao maior número posible de seminarios. De non poder asistir aos seminarios o estudante realizará un traballo titorizado. Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades. O alumnado en réximen de estudos a tempo parcial por traballo ou debidamente xustificado tendrán que falar co Profesorado Responsable na primeira semana semana do curso para substituír o réxime presencial por outro tipo de actividades calificables. Estas actividades indicaranse nun plan individual de traballo que se entregará ao estudante. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.” |