Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de Informática | Código | 610G04010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A7 B2 B6 B7 C3 C8 | As horas de seminarios contarán con mecanismos de avaliación dos progresos do alumno. Esta avaliación reflictirase no 10% da nota final. | 10 |
Prácticas a través de TIC | A7 B2 B6 B7 C3 C7 C8 C9 | Ó longo do curso realizaránse prácticas, por valor acumulado máximo do 40% da nota final. | 40 |
Proba mixta | A7 B2 B3 B4 B6 B7 B11 C3 C6 C9 | O exame final constará de cuestións teóricas, e de varios exercicios de posta en práctica das competencias adquiridas. O devandito Exame Final terá un valor máximo do 50% da nota final. |
50 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, o alumno deberá obter unha calificación mínima de 5 sobre 10 no resultado de combinar as calificacións da proba mixta, seminarios e prácticas. Ademáis, o alumno deberá obter unha nota mínima de 4,5 sobre 10 puntos na proba mixta. Se non obtén esta nota mínima, a nota da materia será a correspondente á nota da proba mixta. A asistencia ás clases de prácticas e seminarios é obrigatoria para aprobar a materia. Un alumno considerarase presentado nunha convocatoria se se avalía dalgunha práctica ou se se presenta a algún seminario evaluable ou se se presenta á proba mixta. Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo. Nas actividades que se leven a cabo en grupos, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas de autoría do mesmo. Segunda oportunidade e convocatorias posteriores Na segunda oportunidade, mantense a nota obtida nas prácticas e seminarios. Os alumnos que se presenten a esta segunda oportunidade deberán realizar a proba mixta. Opcionalmente, poderán presentarse novamente as probas de avaliación das prácticas na segunda oportunidade, sendo a nota acadada nesta segunda oportunidade a que prevaleza para cada práctica, sen importar se é maior ou menor que a acadada na primeira oportunidade. De non presentarse á proba de avaliación dalgunha das prácticas, manterase a nota obtida na primeira oportunidade. No caso de suspender a asignatura, de acadar na avaliación conxunta das prácticas unha nota igual ou superior a 5, poderase gardar para o curso posterior unha calificación de aprobado (5) no apartado de Prácticas se o/a alumno/a así o desexa. Os alumnos que se acollan a esta posibilidade quedarán eximidos da asistencia ás clases de prácticas. As calificacións de prácticas non se gardarán máis de un curso académico. A nota de seminarios non se gardará para cursos posteriores, debendo o alumno realizar as actividades correspondentes a este apartado novamente. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |