Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A8 B8 B9 C1 A capacidade e rigor da preparación dos aspectos máis importantes de cada práctica avalíanse mediante unha entrevista persoal e previamente á realización traballo no laboratorio. Tamén se avalía o traballo de laboratorio dende os puntos de vista de organización e seguridade, coñecemento do material e técnica do seu uso, habilidade manual e, especialmente, a capacidade de comprender os procesos realizados á luz da preparación. Tamén se avalía a elaboración do Caderno de laboratorio, que constará de tres partes: resumo, extraído da preparación teórica previa, descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario do laboratorio) e un comentario final sobre o resultados.obtidos e as conclusións que se poden extraer deles. 15
Solución de problemas A2 A3 A7 B1 B2 B3 B7 B8 B9 C1 C3 Avaliaráse a participación activa do alumno nas clases, a súa capacidade para
razoamento e argumentación fronte aos diferentes aspectos tratados.
Queda aberta a posibilidade de realizar periódicamente probas curtas que consistirán principalmente en preguntas moi curtas e / ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos específicos, cuxos resultados constituirán outra fonte de avaliación. A avaliación de casos prácticos tamén pode contribuír á cualificación.
Esta sección avalíase xunto coa sesión maxistral.
25
Sesión maxistral A1 A2 A3 B1 B6 B8 B9 C1 C2 C3 Avaliarase a participación activa do alumno nas clases, a súa capacidade de razoamento e argumentación fronte aos diferentes aspectos comentados. Queda aberta a posibilidade de realizar periódicamente probas curtas que consistirán principalmente en preguntas moi curtas e / ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos específicos, cuxos resultados constituirán outra fonte de avaliación. A avaliación de casos prácticos tamén pode contribuír á cualificación. Esta sección avalíase xunto coa sección de resolución de problemas. 0
Proba mixta A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 A proba escrita realizarase no momento aprobado pola Xunta de Facultade.
Consistirá nunha serie de preguntas e problemas relacionados co programa da materia.
60
 
Observacións avaliación

Os estudantes serán avaliados mediante o
seguinte sistema de cualificación:

-C1: Cualificación da proba mixta: para
aprobar a materia, o alumno deberá de obter un mínimo do 45% da nota máxima
neste apartado.

-C2: Cualificación das prácticas de
laboratorio: para aprobar a materia, o estudante deberá de obter un mínimo do
45% da nota máxima neste apartado.

-C3: Cualificación das sesións presenciais,
nas clases de solución de problemas e probas curtas.

-C4: Cualificación da evolución global da
progresión do alumno.

O estudante aprobará a materia se consegue un
mínimo de 5 puntos na seguinte suma:0,6(C1) + 0,25(C2) + 0,15(C3).

A cualificación da evolución global da
progresión do alumno (C4) levarase a cabo unha vez efectuadas as restantes
cualificacións (C1, C2 e C3), e soamente para aqueles estudantes que aprobasen
a materia. No caso de que algún alumno supere, na suma total de todas as
cualificacións, os dez puntos, asignaráselle a nota de10,0 puntos.

A participación nas actividades
extraordinarias recomendadas contribuirá á alza na nota final.

Se a cualificación final é maior de 5 puntos
pero non acada o 45% da nota nos dous primeiros apartados (C1 e C2) a nota que
figurará na acta será de 4,5 (suspenso).

Se o estudante asiste ás prácticas de
laboratorio non poderá obter a cualificación de "Non Presentado".

A cualificación obtida na "primeira
oportunidade", en caso de ser positiva (igual
ou maior que 5), é definitiva.

O baremo de cualificación da "segunda
oportunidade" será o seguinte: 0,85(C1)+ 0,15(C2).

O baremo de cualificación da convocatoria adiantada será o mesmo ca da segunda oportunidade. (Recórdase que é obrigatorio cursar as práctica de laboratorio)

Se o alumno non acadase o 45% da nota máxima
no apartado de prácticas de laboratorio na primeira oportunidade, non poderá
superar a materia na segunda oportunidade.

Os estudantes que sexan avaliados na
"segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o
número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se
cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".

Aqueles estudantes que se acollan ao
“recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención
de asistencia” de acordo coa normativa da UDC, só deberán asistir de maneira
obrigatoria ás clases prácticas de laboratorio. A cualificación final para os
devanditos estudantes constará de dous partes: a cualificación obtida nas
prácticas de laboratorio, que contribuirá nun 15% á nota final e a proba mixta,
que computará polo 85% restante. Estas porcentaxes de cualificación aplicaranse
ás dúas oportunidades. A cualificación de “non presentado” outorgarase a
aqueles estudantes acollidos ao mencionado réxime de exención a condición de
que non se presenten á proba mixta.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa
académica”
“dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude
académica”
rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC

Todo o proceso de ensino-aprendizaxe descrita
na presente guía, incluída a avaliación, refírese única e exclusivamente ao
presente curso académico.