Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta B7 B9 C9 -Proba que inclúe a resolución de cuestións e problemas da materia (a man e/ou empregando Python) 50
Solución de problemas A7 B8 B12 Resolución de problemas de carácter práctico. 25
Prácticas a través de TIC A3 A7 B2 B4 B10 C3 C7 C9 Resolución de problemas de carácter práctico empregando a linguaxe de programación Python. 25
 
Observacións avaliación
A cualificación final da asignatura consta de tres partes:
  • Cualificación de prácticas a través de TIC (CP): entre 0 e 2.5 puntos

  • Cualificación de resolución de problemas (CR): entre 0 e 2.5 puntos

  • Cualificación da proba mixta (CE): entre 0 e 5 puntos.

A cualificación final será a suma das tres partes: Nota_final= CP + CR + CE, sempre e cando a cualificación da proba obxetiva sexa maior que 1.3 (sobre 5 puntos). Noutro caso, a cualificación final será a nota obtida na proba obxetiva, CE.

A cualificación das prácticas a través de TIC  (CP) + a resolución de problemas (CR), constitúen a nota de Evaluación Continua(EV),  Evaluación continua = CP + CR.  As cualificacións de prácticas a través de TIC (CR) e de resolución de problemas (CP) conservaranse na segunda oportunidade da evaluación, esto é, consérvase a nota de EV para a segunda oportunidade.

A evaluación da CP+CR  levarase a cabo mediante a resolución de catro pequenas probas mixtas, nas que o/a alumno/a terá que resolver a man e con Python problemas da materia.

Co obxetivo de preparar oa alumnado para as distintas probas de evaluación continua, así como a proba final; ao longo do curso levaranse a cabo defensas en grupo dos problemas plantexados. Estas defensas de traballos permitirán recuperar ata dous puntos da evaluación (se a nota final da proba mixta (CE) es superior a 1.3 puntos - sobre 5 puntos). A puntuación correspondente a estos traballos soamente se terá en conta na primeira e segunda oportunidad. 

Nas actas considerarase como "Non presentado" ao alumnado que non se presente á proba mixta final. 

Tódalas observacións previas son aplicables ao estudantado que solicite a convocatoria adiantada de decembro.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.