Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Síntese e Preparación de Nanomateriais | Código | 610G04020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Presentación da materia: metodoloxía a seguir e contextualización no Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía. |
Sesión maxistral | Sesións previas ás prácticas de laboratorio. Serven para introducir as nocións básicas necesarias para a comprensión das estratexias de síntese e caracterización que se levarán a cabo no laboratorio. Consisten en presentacións orais e interactivas de profesores, cun intercambio continuo de ideas entre profesores e alumnos. Abarcan os catro primeiros temas da sección "Contidos". |
Prácticas de laboratorio | Traballo no laboratorio, individual, de síntese e caracterización de varios nanomateriais (entre 2 e 4), baixo a tutela e supervisión do profesorado. Abarca o último tema da sección "Contidos". |
Traballos tutelados | Antes do traballo de laboratorio. Preparación individual, e dirixida, mediante revisión bibliográfica, do traballo a realizar no laboratorio. |
Resumo | Despois do traballo de laboratorio. Caderno de laboratorio e breve memoria de cada unha das prácticas. Entregaranse individualmente ao finalizar as prácticas e corrixiranse e avaliaranse. |
Presentación oral | Despois do traballo de laboratorio. Sesión grupal na que o traballo realizado nas prácticas de laboratorio será presentado individualmente e discutido en grupo. |