-A asistencia ás prácticas e a entrega da Memoria, son requisitos imprescindibles para superar a materia
-Para superar a materia será necesario obter unha nota non inferior a 4,5 sobre 10 na proba mixta e acadar,
sumando as cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima de 5,0.
- Se non se acadara a nota mínima da proba mixta final, a materia figurará como suspensa, e a nota final outorgada será a da proba
mixta final (aínda que a media das cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5, sobre un máximo de 10),
-A cualificación de matrícula outórgase preferentemente na primeira oportunidade.
-Na segunda oportunidade repetirase a proba mixta e manterase a cualificación do resto de actividades.
-A cualificación de non presentado concederáselles aos que non se presenten á proba mixta.
-Na convocatoria extraordinaria de decembro a cualificación obtida
será a da proba mixta, isto é, a cualificación da avaliación
continua e das prácticas inclúese na proba mixta, que será o 100%
da cualificación.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”