Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A5 B8 B12 C1 Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará ó final do cuadrimestre. Poderá constar tanto de preguntas de desenvolvemento, como de preguntas curtas ou de tipo test e de problemas que serán semellantes ós realizados ó longo do curso. 70
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A4 A5 B1 B3 B5 B8 B9 B12 C2 C5 C8 Para poder realizar con aproveitamento as prácticas, os estudantes deberán facer unha preparación previa das mesmas, e realizar unha entrevista / cuestionario inicial, que deberán superar para poder entrar no laboratorio. O traballo de laboratorio valorarase desde os puntos de vista de: organización e seguridade, desempeño no laboratorio, coñecemento das técnicas, habilidade manual e especialmente á capacidade para comprender e racionalizar os procesos levados a cabo. Ademais avaliarase a elaboración do correspondente caderno de laboratorio ou entrega alternativa que establezan os profesores, e que podería tamén consistir nun exame de prácticas que se deberá superar para poder aprobar ditas prácticas.


20
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 B8 C1 De cando en vez, poderase realizar ao alumno probas curtas, tipo test ou resposta breve. Estas probas obxectivas están deseñadas tanto para avaliar o grao de adquisición de competencias, como para afianzar os contidos vistos nas sesións maxistrais. Esta actividade non só permitirá facer un seguimento da evolución do alumnado, senón que tamén servirá de ferramenta para detectar aqueles aspectos da materia que presentan unha maior dificultade de comprensión.
Avaliarase conxuntamente: "solución de problemas" +
"eventos científicos e/ou divulgativos" + “probas obxectivas” "sesión maxistral"
0
Sesión maxistral A1 A3 B8 C8 Valorarase o grao de preparación previa e de seguimento do alumnado da materia que se está impartindo nestas sesións, así como a súa participación activa nas mesmas.

Avaliarase conxuntamente: "solución de problemas" +
"eventos científicos e/ou divulgativos" + “probas obxectivas” "sesión maxistral"
0
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 B1 B3 B5 B8 B9 B12 C1 C8 Valoraranse tanto as respostas dos alumnos como a súa participación nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente e a requirimento do profesorado, o alumnado deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados.

Avaliarase conxuntamente: "solución de problemas" +
"eventos científicos e/ou divulgativos" + “probas obxectivas” "sesión maxistral"
10
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 B5 B8 C5 C8 Valoraranse as conclusións co alumnado extraia das correspondentes actividades, e que ademais se plasmarán nun resumo que deberán presentar trala súa realización.

Avaliarase conxuntamente: "solución de problemas" +
"eventos científicos e/ou divulgativos" + “probas obxectivas” "sesión maxistral"
0
 
Observacións avaliación

A cualificación será a suma das seguintes contribucións:

- proba mixta: hasta un máximo de 7 puntos

- actividades realizadas nas clases de resolución de problemas,titorías, eventos científicos, probas obxectivas, etc.: hasta un máximo de 1 punto;

- prácticas de laboratorio: hasta un máximo de 2 puntos.

Para superar a materia será necesario conseguir polo menos 5 puntos entre tódalas contribucións anteriores, coa restrición de que na proba mixta será imprescindible obter un mínimo de 3.15 (sobre un máximo de 7) e nas prácticas de laboratorio un mínimo de 0.8 (sobre un máximo de 2). No caso de non acadar estes mínimos o alumnado estará suspenso. Cando se obteña unha suma global superior a 5 puntos pero non se acade a nota mínima esixida nalgunha das actividades, a cualificación final será "suspenso: 4.5 puntos".

Ademais, para aprobar a materia será obrigatorio asistir a todas as clases de laboratorio.

Dado que a cualificación está baseado nun modelo de "avaliación continua", valorarase especificamente a progresión do estudante ao longo de todo o semestre cun máximo de 1 punto.

Dacordo con esta metodoloxía de "avaliación continua", non poderá figurar como "non presentado" o alumnado que teña participado activamente nun conxunto de actividades que supoñan máis do 25% da calificación global.

Dentro do mesmo contexto de “avaliación continua” e dacordo co contido do escrito “Probas de Avaliación e Actas de Cualificación de Grao e Mestrado”, a chamada “segunda oportunidade de xullo” entendese como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. No obstante, e se fora ocaso, o profesorado poderá incluír unha segunda parte sobre aspectos relativos ás prácticas de laboratorio. Á cualificación así obtida sumaranse as conseguidas durante o curso no resto das actividades (clases de solución de problemas, seminarios, etc.). Os porcentaxes das distintas contribucións serán os mesmos que na “primeira oportunidade”.

As matriculas de honra outorgaranse prioritariamente aos estudantes que teñan superada a materia na primeira oportunidade. E só se outorgarán na chamada “segunda oportunidade” se o número máximo daquelas non se cubriu na súa totalidade na primeira.

No caso de circunstancias moi excepcionais e debidamente xustificadas (como no caso de estudantes con dispensa académica de exención de asistencia), o profesorado podería eximir total ou parcialmente ao alumnado de concorrer no proceso de "avaliación continua". En calquera caso, dito estudante tería que someterse a unha proba particular (a maiores da proba mixta obrigatoria) que non deixase dúbidas sobre o seu nivel decoñecementos, competencias, habilidades e destrezas, e que puntuará o 10% da calificación global.

O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída á avaliación, refírese a un curso académico (isto implica que cada curso comeza un novo proceso,incluídas tódalas actividades e procedementos de avaliación).

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.