Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Bioquímica Molecular e Metabólica | Código | 610G04023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A6 A7 A8 B3 B4 B6 C6 C7 | As prácticas de laboratorio considéranse como unha actividade de asistencia obrigatoria para superar a materia. A avaliación consistirá nunha proba obxectiva na que se formularán preguntas sobre o fundamento e aplicación das prácticas realizadas. |
10 |
Esquemas | B6 B8 | Realizarase un mapa metabólico que integre as rotas metabólicas que teñen lugar nas células. | 10 |
Prácticas a través de TIC | A7 B3 B6 B7 B8 C3 | Valorarase o grao de comprensión das análises realizadas e de coñecemento das ferramentas bioinformáticas utilizadas. A proba require o uso dun ordenador conectado a internet e equipado cos programas bioinformáticos a utilizar. | 10 |
Proba mixta | B3 B4 B8 | Avaliación dos coñecementos adquiridos tanto nas sesión maxistrais como nas clases de problemas mediante preguntas tipo test, tipo ensaio, definicións, cuestións de relacionar e/ou preguntas que requiren proporcionar unha solución. | 70 |
Observacións avaliación | |||
As PRÁCTICAS DE LABORATORIO son obrigatorias. A ausencia a prácticas debe estar debidamente xustificada para superar a materia. Para ser avaliado é imprescindible realizar as probas sobre a teoría (proba mixta), prácticas de laboratorio e prácticas TIC. Para superar a materia debe acadarse un 5 e ter >4,5 nas probas mixtas e unha cualificación media nas prácticas >4,5 (laboratorio e TIC). Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose igual ou superior a 5, pero non se reunisen os requisitos indicados, a cualificación sería 4,0 (suspenso). Considérase Non Presentado (NP) cando o alumno non se presente á proba do período oficial de avaliación. As matrículas de honra concédense preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro) Realizarase un exame parcial e no caso de ter unha cualificación superior a 4,5 non terá que repetirse nas oportunidades de xaneiro e xullo. Na segunda oportunidade (xullo) poderá optarse por: (A) asumir os criterios de avaliación da primeira oportunidade (especificados no apartado de AVALIACIÓN); ou (B) realizar as probas correspondentes a teoría (proba mixta), prácticas de laboratorio e prácticas TIC, representando en este caso un 80% a proba mixta. Se o alumno opta pola opción B deberá informar ao profesorresponsable da materia 10 días antes do exame. No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa de exención de asistencia, poderán adoptarse medidas adicionais para que poida superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos, flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos resultados da aprendizaxe. Convocatoria adiantada de decembro: realizarase a proba mixta que englobará todos os contenidos teóricos. Dita proba suporá un 70% da calificación final á que se lle sumarán as notas de avaliación continua (prácticas TIC, prácticas de laboratorio e proba mixta). FRAUDE: No caso de realización fraudulentadas probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC. |