Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A7 A8 B7 B8 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
35
Traballos tutelados A4 A5 A7 A8 B3 B7 B8 B10 C3 C8 C9 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos:
a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Os estudantes elaborarán un traballo tutelado que deberán entregar e defender de forma oral.
15
Prácticas de laboratorio A4 A6 A7 A8 B3 B7 B8 B10 C3 C8 C9 Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Os estudantes deberán entregar un caderno de prácticas no que inclúan todas as actividades realizadas.
50
 
Observacións avaliación

É obrigatoria a asistencia ás prácticas (mínimo un 80% de asistencia). 

En
todas as convocatorias (primeira oportunidade, segunda oportunidade e
extraordinaria), para aprobar a materia requírese obter un 5 na cualificación
total da materia e acadar como mínimo un 4 sobre 10 tanto na proba mixta coma
no resto de bloques avaliables. 

Todos os aspectos relacionados coa dispensa
académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académico rexeranse de
acordo coa normativa académica vixente na UDC (Normativa académica (udc.es))