Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A10 B3 B4 C7 C8 Avaliación na que se terá en conta o traballo durante as sesións interactivas en grupo e os materiais entregados (calidade dos traballos, capacidade de debate, uso dunha linguaxe científica correcta e información bibliográfica verificada). 30
Proba mixta A1 A3 A7 B3 B4 Avaliación dos coñecementos teóricos 50
Prácticas de laboratorio A3 A6 A7 A8 B3 B4 B6 B7 C3 C7 As prácticas de laboratorio considéranse unha actividade de asistencia OBLIGATORIA para superar a materia. Realizarase un cuestionario para avaliar os coñecementos adquiridos. 20
 
Observacións avaliación

O traballo do alumnado será avaliado de forma continua a través da
asistencia ás actividades avaliables, a súa participación nos seminarios, a
resolución das cuestións e problemas, prácticas de laboratorio e proba mixta.
Para un aproveitamento óptimo da materia, os estudantes deberán asistir a todas
as actividades presenciais. 

A realización das prácticas é obrigatoria para a superación da
materia. Os estudantes que non realicen TODAS as prácticas, sen un motivo
debidamente xustificado, non poderán aprobar a materia, independentemente do
peso destas na avaliación.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE: para superar a materia é preciso obter unha nota mínima de 4,5 (sobre 10) na proba mixta. A cualificación final obtense
aplicando as porcentaxes establecidas e as restricións previamente
establecidas, sendo necesario unha nota final igual ou superior a 5 (sobre 10).
 
O alumno/para obterá a cualificación de Non Presentado cando non
realice nin as prácticas de laboratorio nin a proba mixta.

SEGUNDA OPORTUNIDADE: na segunda oportunidade realizarase a proba
mixta cuxa cualificación substituirá á obtida na primeira oportunidade
manténdose as cualificacións das prácticas de laboratorio e seminarios na
primeira oportunidade. A cualificación final obtense aplicando as porcentaxes
establecidas e as restricións previamente establecidas, sendo necesario unha
nota final igual ou superior a 5 (sobre 10). Os estudantes avaliados na segunda
oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas
para o correspondente curso non se cubriron na súa totalidade na primeira
oportunidade.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: realizarase a proba mixta cuxa
cualificación substituirá á obtida no curso pasado manténdose as cualificacións
do resto de actividades avaliables. A cualificación final obterase teniendo en
cuenta as porcentaxes do curso actual.

En calquera caso, se non se alcanza unha nota mínima de 4,5/10 en
cada unha das partes avaliables, suspenderase a materia, aínda que a nota
final, calculada segundo as porcentaxes correspondentes, sexa igual ou superior
a 5/10. Nese caso, a nota final será de 4,5/10.

MATRÍCULA DE HONRA: Os estudantes avaliados en segunda
oportunidade só poderán optar a MH se o número destes non foi cuberto na súa
totalidade na primeira oportunidade.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa
académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.