Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 2 | Código | 610G04030 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A1 A2 A7 B1 B3 B7 B8 B9 B10 B11 C2 C6 C7 C8 C9 | Avaliarase: - a calidade da información contida na presentación. - a capacidade para defender o traballo presentado. - a calidade da presentación. |
15 |
Proba mixta | A1 A2 A4 A5 A7 A8 A9 B1 B3 B7 B8 B9 B11 C2 C6 C9 | Exame final con dous partes, unha teórica (50%) que inclúe preguntas de tipo test, de resposta breve e/o de ensaio, e outra de resolución/análise de problemas (50%). | 20 |
Prácticas de laboratorio | A2 A4 A5 A6 A7 A8 A9 B1 B3 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 C8 C9 | Avaliarase: -aspectos operacionales, planificación, organización e realización do caderno de laboratorio. -preparación de gráficas, revisión bibliográfica, etc. -elaboración de informes, o que inclúe a análise critico de resultados. |
65 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia á totalidade das sesións é obrigatoria para poder superar a materia. O aprobado da materia obtense ao obter unha cualificación final como mínimo de 5 puntos sobre 10. A cualificación final obtense de acordo con as porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas. Primeira oportunidade. Para que se teñan en conta as outras actividades suxeitas a avaliación é necesario obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes da proba mixta. A cualificación final obtense de acordo con as porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas. Segunda oportunidade. Repetición da proba mixta. A cualificación final obtense de acordo ás porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas. Convocatoria extraordinaria de decembro. É unha oportunidade para facer a proba mixta final. En consecuencia, mantéñense as cualificacións obtidas nas avaliacións do curso anterior, agás a proba final mixta, cuxa cualificación será substituída pola obtida nesta convocatoria. É dicir, na convocatoria de decembro non se poderá reavaliar ningunha outra actividade avaliable que non sexa a proba mixta En calquera das oportunidades, de non alcanzarse unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes da proba mixta, a materia figurará como suspensa aínda cando a cualificación final, calculada segundo as correspondentes porcentaxes, sexa superior ou igual a 5 sobre 10. Neste caso a cualificación final será de 4.5 sobre 10. Matrícula de honra. No caso de que varios estudantes teñan idéntica cualificación numérica, e poidan optar á matrícula de honra, convocaráselles a unha proba escrita a condición de que o número de matrículas sexa inferior ao de estudantes nesta situación. Para os estudantes avaliados en segunda oportunidade, estes poderán optar á matrícula de honra se o número destas non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade. Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: É necesario que o alumnado informe as profesoras ó principio do curso da sua situación. Plaxio e fraude na realización de tarefas e/ou probas. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC Durante a realización das proba obxectiva e mixta, en calquera das oportunidades, agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de calquer dispositivo con acceso a Internet. Pese a que non se aconsella traer ditos dispositivos á devandita actividade, poderá habilitarse un espazo para o seu almacenamento, sen que elo implique ningún tipo de responsabilidade por parte da UDC, da Facultade ou dos profesores presentes durante a proba obxectiva. Se durante a realización da proba obxectiva, hai indicios do uso deses dispositivos, automaticamente o/a estudante será expulsado do aula, a proba obxectiva cualificada con suspenso e se informará por escrito á dirección do centro segundo establece a normativa correspondente. |