Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Fotónica e Optoelectrónica | Código | 610G04033 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A1 B2 B3 B7 B8 B10 B11 B12 | Avaliarase o traballo realizado no laboratorio desde os puntos de vista de: organización e seguridade, manexo no laboratorio, coñecemento de materiais técnicas, habilidade manual e especialmente a capacidade para comprender e racionalizar os procesos levados a cabo á luz do seu fundamento científico. Para a realización das prácticas, os alumnos disporán de guións, que reflectirán os seus obxectivos, material e métodos para a súa realización. Os alumnos elaborarán informes sobre o traballo práctico realizado. Tamén se realizará unha proba curta tipo test para evaluar os coñecementos adquiridos. | 20 |
Solución de problemas | A2 B4 B5 B7 B8 B9 C4 C7 C8 C9 | Valoraranse tanto as respostas dos alumnos como a súa participación nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente e a requirimento do profesorado, o alumnado deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados. | 15 |
Proba mixta | A1 A2 A3 B7 B8 B9 B12 C1 C7 C8 | Exame final con dous partes, unha de corte teórico (50%) que inclúe preguntas tipo test, de resposta curta e/ou de ensaio, e outra de solución de problemas (50%), na que se avaliará a habilidade na aplicación dos contidos teóricos para a resolución de problemas. | 50 |
Seminario | A2 A3 B2 B7 B8 B9 C8 C9 | A avaliación baséase na capacidade de aplicar os diferentes conceptos experimentais e teóricos vistos na materia. A avaliación inclúe: aspectos operacionais, comprensión das estratexias e metodoloxías empregadas para resolver os casos, análise crítico dos resultados obtidos. | 10 |
Proba obxectiva | A1 A2 A3 B11 | De cando en vez, poderase realizar ao alumno probas curtas, tipo test ou resposta breve. Estas probas obxectivas están deseñadas tanto para avaliar o grao de adquisición de competencias, como para afianzar os contidos vistos nas sesións maxistrais. Esta actividade non só permitirá facer un seguimento da evolución do alumnado, senón que tamén servirá de ferramenta para detectar aqueles aspectos da materia que presentan unha maior dificultade de comprensión. | 5 |
Observacións avaliación | |||
Trátase de avaliar a adquisición de coñecementos, a capacidade crítica, de síntese, de comparación, de elaboración, de aplicación e de orixinalidade do alumnado. Para un aproveitamento óptimo da materia, os alumnos deberán asistir a todas as actividades presenciais. A realización das prácticas de laboratorio é un criterio básico para a superación da A cualificación de matrícula outórgase preferentemente na primeira oportunidade. Matrícula de honra: no caso de que haxa varios alumnos coa mesma titulación que poidan optar a MH, e o número de MH dispoñibles sexa inferior ao número de alumnos, otorgaraselle a MH o alumno con maior nota final. No caso de ter a mesma nota final, a MH otorgaraselle o alumno con maior nota na proba mixta. Os estudantes avaliados en segunda oportunidade só poderán optar a MH se o número deste non foi cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. Cualificación de "non presentado": aplícase aos alumnos que participasen en actividades avaliables que supoñan menos (<) do 40% da nota final. Sucesivos cursos académicos. Ou proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a PRIMEIRA OPORTUNIDADE A cualificación será a suma das seguintes contribucións: - proba mixta con parte teórica e práctica: ata un máximo de 5 puntos - actividades realizadas nas clases de seminarios, probas obxectivas, etc, así como titorias: ata un máximo de 1.5 puntos - resolución de problemas: ata un máximo de 1.5 puntos - prácticas de laboratorio: ata un máximo de 2 puntos En calquera caso, se non se alcanza unha nota mínima de 4/10 en cada unha das partes da proba mixta, suspenderase a materia aínda que a nota final, calculada segundo as porcentaxes correspondentes, sexa igual ou superior a 5/10. Nese caso, a nota final será de 4.5/10. SEGUNDA OPORTUNIDADE Realizarase un exame final que constará de duas partes, teórica e práctica, que puntuarán 3.2/10 e 4.8/10 puntos cada unha delas respectivamente. En total a máxima nota de esta proba será de 8/10 puntos. Os 2/10 puntos restantes corresponderán a nota obtida nas prácticas de laboratorio. OUTRAS OPORTUNIDADES Os/as estudantes que soliciten realizar o exame da convocatoria de decembro rexiranse polo indicado na guía docente do curso académico anterior. FRAUDE NAS ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN Aplicarase a normativa estipulada pola UDC. |