Materias que se recomenda ter cursado previamente
Polímeros/610G04028
Estado Sólido/610G04022
Fundamentos de Cuántica/610G04015
Electricidade e Magnetismo/610G04007
Mecánica e Ondas/610G04002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
As presentacións de clase que se poñen ao dispor do alumnado no Campus Virtual son unha guía para o estudo dos temas, pero en ningún caso constitúen o contido total dos mesmos.

Recoméndase encarecidamente utilizar as horas de tutoría para aclarar dúbidas.

Perspectiva de xénero

Tal e como se recolle nas competencias transversais do título (C4), fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións.Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da " Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a) Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b) De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.