Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Nanociencia e Nanotecnoloxía Computacional | Código | 610G04034 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Seminario | • Permiten o/a profesor/a coñecer o grao e os erros de aprendizaxe, as carencias e limitacións no uso das ferramentas de traballo. • Plantearanse casos prácticos e/ou resolveranse dúbidas. • Realizaranse prácticas TIC • Poderán realizarse probas tipo test. • As actividades que se realicen poderán ser en grupo e/ou individuais. • Implica a participación activa d@s estudantes. |
Proba de resposta múltiple | O longo do curso realizaranse unha serie de probas para avaliar a aprendizaxe dos conceptos, destrezas, competencias e habilidades asociados á asignatura. Esta actividade pode implicar o emprego de plataformas como o Campus Virtual, ferramentas a dispor no paquete Office365 e/ou aplicacións dispoñibles en Internet. |
Estudo de casos | • Trátase dunha estratexia de aprendizaxe activo. • A partires da presentación dun caso, @s estudantes deberán elaborar unha ou varias hipóteses, aplicar a(s) correspondente(s) teoría(s), describir e rexistar os feitos do caso, realizar cálculos, comprobar e/ou comparar, no seu caso, con casos similares. |
Glosario | • Emprégase como estratexia de aprendizaxe activo. • @ estudante deberá seleccionar, estruturar e secuenciar o contido da asignatura. |
Portafolios do alumno | • Permite recoller evidencias do aprendido resultado de diferentes actividades realizadas polo/a estudante. • Búscase que @ estudante participe de xeito activo implicándose no seu propio proceso de aprendizaxe. |
Prácticas de laboratorio | • Implican tanto o uso do superordenador do Centro de Computación de Galicia (CESGA) como de aplicacións a dispor no aula de informática e/ou en Internet. • Realizaranse no aula de informática nos días e horas que establece o correspondente calendario, en grupos preferentemente de non mais de 10 estudantes. • O remate das mesmas, e nas datas establecidas, deberá entregarse o correspondente informe co contido, formato e medio que se indique. |
Proba práctica | Proba final implicando a resolución de problemas e/ou análise crítico de material obtido en cálculos relacionados cos contidos da asignatura. Trátase de que @s estudantes evidencien o seu aproveitamento, de forma práctica, da asignatura. |
Presentación oral | Exposición oral dun traballo preparado en grupo sobre as prácticas de laboratorio, proposto pol@ profesor/a. Na actividade se inclúe un debate posterior sobre o tema obxecto da presentación. |
Sesión maxistral | • Duración de aproximadamente cincuenta minutos e impartiranse no horario aprobado pola Xunta de Facultade. • As sesións serán do tipo lección maxistral nas que o/a profesor/a presentará os temas da asignatura co apoio, de selo caso, dos medios audiovisuales necesarios, indicando @s alumn@s o máis importante a ter en conta á hora do estudio e recomendándolles capítulos de libros, e/ou outros materiais, adecuados para a súa maior comprensión. • Incentivarase a participación d@ estudante nas clases, o que pode incluir a realización de tests. • O/a profesor/a facilitará o acceso d@s estudantes o material audiovisual utilizado nas sesións, así como outro tipo de material complementario, para que lles sirva na súa aprendizaxe. O acceso os devanditos materiais será ben a través do Campus Virtual da Universidade ou de aplicacións similares. |