Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A3 A5 A7 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B12 Valórase a participación resolvendo problemas, prantexando dúbidas, e respostando cuestións que indique o/a profesor/a. así como a entrega dos exercicios e a realización das actividades propostas, tanto on-line como off-line.
É obrigatorio ter realizado alomenos o 50% das actividades propostas.
35
Proba de resposta múltiple A1 A2 A3 A5 A7 B2 B8 C3 O longo do curso plantearanse este tipo de probas, ON LINE, co gallo de coñecer o grao de adquisición de coñecementos relativos o contido da asignatura. 5
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A7 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C3 C7 C8 Plantearanse casos reais que haberán de ser analizados críticamente en relación cos contidos da asignatura. 10
Glosario A1 A5 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B12 C1 C3 Valorarase a confección do glosario como instrumento de ràpido acceso a termos relevantes na asignatura. 10
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A7 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 C1 C3 C7 Á hora de valora-lo considerarase tanto o número como a calidade das actividades, relacionadas coa asignatura propostas polo profesorado, que conteña. 10
Prácticas de laboratorio A2 A3 A7 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C3 C8 • Asistencia obrigatoria. A non asistencia ás prácticas de laboratorio supón o suspenso na asignatura. En casos moi xustificados pódese suplir a asistencia mediante a realización dun exame práctico relacionado coas prácticas non realizadas.
• Valorarase a aprendizaxe do manexo de superordenador do CESGA e a realización de cálculos, directamente relacionados co contido da asignatura, en diversos programas e aplicacións informáticas.
• Forma parte da avaliación un informe coa análise crítico dos resultados obtidos nas prácticas.
10
Proba práctica A1 A2 A3 A5 A7 B3 B4 B7 B8 B11 Proporase unha ou máis situacións onde haberá que aplicar, de xeito práctico, contidos da asignatura, ademáis de chegar a un resultado concreto valorarase tamén a súa análise crítica.
A realización da proba práctica é obrigatoria.
10
Presentación oral A7 B2 B3 B4 B12 C1 A presentación oral, actividade grupal e obrigatoria, versará sobre unha das prácticas de laboratorio e/ou sobre o estudo dun caso, terase en conta:
• Calidade da información contida na presentación.
• Habilidades amosadas na presentación.
• Capacidade para defende-lo traballo presentado.
10
 
Observacións avaliación

A non participación en calquera das actividades sinaladas como obrigatorias, incluido o establecido relativo os seminarios, implica o suspenso na asignatura. A cualificación que figurará no acta será como máximo 4.9 (sobre 10) sempre que a media ponderada considerando tódalas actividades avaliables produza un valor superior a cinco sobre dez.

Para que as actividades avaliables, agás a proba práctica, participen na cualificación final é preciso obter unha cualificación mínima de catro sobre dez na proba práctica. Cumplido ese requisito o aprobado da asignatura, en calquera de ambas oportunidades, sitúase nunha cualificación mínima de cinco sobre dez tendo en conta as cualificacións de tódalas actividades avaliables coa ponderación indicada nesta guía docente. Caso de non alcanzar a cualificación mínima de catro sobre dez, na proba práctica, a cualificación que figurará no acta será como máximo 4.9 (sobre 10) sempre que a media ponderada considerando tódalas actividades avaliables produza un valor superior a cinco sobre dez.

@s estudantes que non aprobaren na primeira oportunidade conservan, para a segunda oportunidade, as cualificacións obtidas nas actividades avaliables agás a da proba práctica.

Na convocatoria extraordinaria de Decembro aplícase o indicado para a segunda oportunidade.

@s estudantes que acaden na proba práctica unha cualificación mínima de 4 sobre 10 e que a súa media ponderada sexa inferior a 5.0 sobre 10, excepcionalmente e segundo o criterio do profesorado da asignatura, poderán someter a valoración unha nova versión de outra(s) actividade(s) avaliable(s) -decididas polo profesorado-. Neste caso @ estudante se lle solicitará a realización e entrega do devandito material fora do período de exames da correspondente oportunidade, isto sempre que os prazos razoablemente o permitan.

Cualquier estudante considerase como presentad@ sempre que teña realizado actividades avaliables que representen máis do corenta por cento da nota global.

Por lo que atinxe a sucesivos
cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a
avaliación, refírese a un curso académico, e, polo tanto, tódaslas
actividades deben de volver a realizarse co novo curso.

Durante
a realización da proba práctica, en calquera de ambas oportunidades,
agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de cualquera
dispositivo con acceso a Internet. Pese a que non se aconsella traer
ditos dispositivos á devandita actividade, poderá habilitarse un espazo
para o seu almacenamento, sen que elo implique ningún tipo de
responsabilidade de custodia por parte da UDC, da Escola ou dos
profesores presentes durante a proba obxectiva. 

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”

No que atinxe a perspectiva de xénero estarase en líña coa filosofía e a práctica proposta pola UDC.