Fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica,
aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade
de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición
sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento
das sesións.Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata
sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de
Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia podrán
solicitarse en formato virtual e soporte informático. |