Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A9 A10 B3 B8 C8 Proba que pode integrar preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/o de asociación. múltiple.
60
Traballos tutelados A2 A10 B3 B4 B8 B11 B12 C4 C7 O alumnado levará a cabo un traballo en grupos ou individualmente e presentación oral relacionados con algún tema da materia. 25
Prácticas de laboratorio A9 B3 B4 B8 B11 B12 C7 As prácticas de laboratorio considéranse unha actividade de asistencia obrigatoria para superar a materia. A avaliación dos coñecementos adquiridos avaliarase por unha memoria de prácticas desenvolvida polo alumnado. 15
 
Observacións avaliación
 
As PRÁCTICAS DE LABORATORIO son obrigatorias. A ausencia a prácticas debe estar debidamente xustificada para superar a materia.
Primeira e segunda oportunidade: Para superar a materia debe alcanzarse un 5 na proba mixta. Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose igual ou superior a 5, pero non se reunise o requisito indicado, a cualificación sería 4,0 (suspenso).
A proba mixta pode estar composta por calquera das seguintes modalidades e/o unha combinación de varias: Preguntas de ensaio: preguntas abertas de desenvolvemento, preguntas de resposta múltiple (podendo ser verdadeiras unha ou varias das respostas), preguntas de ordenación, preguntas de resposta breve, preguntas de discriminación, preguntas de completar, preguntas de asociación.
Considérase Non Presentado (NP) cando o alumno non se presente á proba do período oficial de avaliación.
Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Se durante a realización dun exame algún/a estudante copia, isto implicará a obtención dun suspenso (0,0) na materia na convocatoria correspondente.
Sistemas de cualificación: Numérico desde o 0 ao 10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 o aprobado. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente, 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).
As matrículas de honra concederanse preferentemente entre os alumnos que alcancen a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro).
En caso do alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa de exención de asistencia, poderán adoptarse medidas adicionais para que poida superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos, flexibilidade no horario de prácticas ou a realización dunha proba global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente.
Todos os aspectos relacionados coa "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académico" rexerande de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/es/normativa/academica/).