Recoméndase levar ao día a materia, realizar
a preparación dos seminarios e as prácticas de laboratorio de forma exhaustiva
e aproveitalas para aclarar dúbidas, conceptos, completando a formación teórica
necesaria. Ter coñecementos de inglés e das ferramentas básicas das TIC.
Programa Green Campus Facultade de Ciencias: Para axudar a conseguir unha contorna
inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da
Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen
nesta materia: a) solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte
informático; b) de realizarse en papel: non se empregarán plásticos,
realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado, cando sexa
posible, e evitarase a impresión de borradores.
Perspectiva de xénero: tal e como se recolle nas
competencias transversais do título (C4), fomentarase o desenvolvemento dunha
cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade,
destacando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión
de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material
e no desenvolvemento das sesións. Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e
fomentar valores de respeto e igualdade.