Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Resumo A7 B2 B3 B8 B9 C3 Avaliarase o caderno de laboratorio e os informes de cada unha das prácticas realizadas polo alumnado. 30
Traballos tutelados A5 A7 B3 B5 B8 B9 C3 C8 Presentación individual e debate en grupo do traballo realizado nas prácticas de laboratorio. 15
Proba mixta A5 A7 A9 B2 B3 B7 B8 C2 C3 Avaliación dos coñecementos teóricos (test, problemas, cuestións). 40
Prácticas de laboratorio A4 A5 A6 A7 A8 A9 B3 B7 B8 B9 B10 C3 C7 C8 O traballo experimental durante as sesións de laboratorio será avaliado: planificación, organización, destreza, seguridade e resultados. 15
 
Observacións avaliación
As prácticas do laboratorio son obrigatorias. A ausencia nas prácticas debe estar debidamente xustificada para superar a materia.

Primeira oportunidade. Para superar a materia debe alcanzar un mínimo de 5 puntos sobre 10 (no total). Será necesario obter unha nota non inferior a 4 sobre 10 na proba mixta e acadar, sumando as cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima de 5,0 (de non alcanzar este mínimo en algunha das partes, a cualificación global será suspenso, coa puntuación numérica alcanzada, ata un máximo de 4,5). Se comeza o traballo presencial das prácticas de laboratorio, considérase iniciado o proceso de avaliación e a cualificación non poderá ser "non presentado".

Segunda oportunidade. Para superar a materia, debe alcanzarse un mínimo de 5 puntos sobre 10. Manteranse os mesmos criterios de evaluación, e só se realizará unha nova proba mixta. É necesario ter realizado as "Prácticas de Laboratorio" durante o curso para poder recuperar a asignatura na segunda oportunidade. 

Na realización dos traballos da materia, o plagio e a utilización de material non orixinal, incluído o obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se for o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado como suspenso (0,0) na actividade. Se durante a realización dun exame algún estudante copia, isto implicará a obtención dun suspenso (0,0) na materia na convocatoria correspondente. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente.

Sistemas de cualificación: Numérico do 0 ao 10, sendo o 10 a cualificación máxima e o 5 o aprobado. O sistema de cualificación expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente, 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).

As matrículas de honra concederase preferentemente entre os estudantes que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria.

No caso do alumnado con dedicación a tempo parcial tanto para a primeira como para a segunda oportunidade: A Parte Experimental (Prácticas de laboratorio, Resumo, Traballos tutelados e Proba mixta) é obrigatoria, e conta igual que para o alumnado con dedicación total, poden ter flexibilidade no prazo de entrega dos traballos. Están exentos de asistencia ás clases de docencia expositiva.

En cursos académicos sucesivos: O proceso ensino-aprendizaxe (incluída a avaliación) refírese a un curso académico e, polo tanto, comeza de novo cun novo curso académico, incluíndo todas as actividades e procedementos de avaliación que se programen para o novo curso.

Nesta materia aplicaranse os criterios xerais da UDC, no seu compromiso de respecto aos valores ambientais e de perspectiva de xénero.

Todos os aspectos relacionados con 'dispensa académica', 'dedicación ao estudo', 'permanencia' e 'fraude académico' regeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.