Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Cristalografía Avanzada | Código | 610G04042 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Clases maxistrais presenciais de 50 minutos de duración destinadas a impartir os contidos teóricos da materia coa axuda de material audiovisual e recursos en liña. |
Prácticas de laboratorio | Clases prácticas nas que se identificarán os 230 grupos de simetría espacial con software específico, observarase con casos prácticos a relación entre a simetría e as propiedades magnéticas, dieléctricas e de actividades ópticas; empregáranse técnicas de cristalización para cristalizar unha macromolécula biolóxica e realizarase unha simulación de determinación da estructura dunha proteína mediante cristalografía de Raios X. Tamén se cristalizarán compostos orgánicos e inorgánicos e se determinará súa estrutura. |
Obradoiro | Estas sesións estarán dedicadas á resolución de problemas e cuestións por parte do alumnado, coa orientación do profesorado. Estes problemas facilitaranse secuenciados no tempo #de acordo con os contidos tratados nas sesións maxistrais. O traballo realizarase individualmente ou en grupos baixo a dirección do profesorado. |
Proba mixta | Esta actividade terá como obxectivo avaliar os coñecementos adquiridos por el alumno mediante unha proba escritura. |
Actividades iniciais | Sesión introdutoria a desenvolver o primeiro día de clase, na que se explicará o programa da materia, a metodoloxía, os criterios de avaliación, así como un calendario de cada unha das actividades previstas. |