Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A3 A5 A7 A10 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C4 C7 C8 C9 Avaliarase a calidade do traballo e a súa presentación en clase. 20
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A7 A10 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B12 C1 C7 C8 C9 Mediante unha proba obxectiva avaliaranse os coñecementos adquiridos durante as clases expositivas. 60
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A5 A7 A10 B6 B7 B8 B9 B10 B12 Avaliarase o informe e/ou tarefas que han de entregar os alumnos ao profesor/a. 20
 
Observacións avaliación

A asistencia ás prácticas é condición necesaria para a consideración de presentado e poder avaliar o exame final.

O exame final da primeira convocatoria (ao finalizar o 2º cuadrimestre) representará o 60% da cualificación final e o 40% restante constituirao a memoria de prácticas e a exposición do traballo tutelado (20% e 20%, respectivamente). Para aplicar as porcentaxes indicadas o alumno deberá obter no exame unha nota superior a 4 sobre 10.

Considerarase alumno presentado todo aquel que participase nas Prácticas e entregase o traballo avaliable.

Excepcionalmente, no caso de que o/a estudante, por razóns
xustificadas, non puidera realizar toda as probas de avaliación continua (estudantes con dedicación a tempo parcial, circunstancias específicas de
aprendizaxe e apoio á diversidade ou circunstancias sobrevidas), adoptaránse as
medidas o realizaranse as actividades axeitadas que non perxudiquen a súa
avaliación.

Na segunda convocatoria (Xullo) terase en conta tanto o resultado do exame coma a do traballo avaliable e das prácticas para a calificación final.

Na convocatoria extraordinaria (Decembro) terase en conta tanto o resultado do exame coma a do traballo avaliable e das prácticas para a calificación final.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, suporá directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia na que se cometeu: o alumno será cualificado con suspenso (cualificación numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, tanto se a infracción cométese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase a modificar a súa cualificación no acto de primeira oportunidade, se fose necesario.