Materias que se recomenda ter cursado previamente
Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 2/610G04030
Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 1/610G04025
Fundamentos de Biotecnoloxía/610G04029
Síntese e Preparación de Nanomateriais/610G04020
Bioloxía Celular/610G04003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase aos alumnos tomar apuntes/notas nas clases e realizar un seguimento da materia ao longo do curso.

Recomendacións Sustentabilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero:

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social do "Plan de Acción Green Campus"

1.- A entrega dos traballos tutelados que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

3. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria

4. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Así mesmo, se se identificasen situacións adversas por razón de xénero, tomaranse medidas para corrixilas.

5. Enténdese que o alumnado universitario debe ter asumidas as capacidades lingüísticas en relación coa expresión oral e escrita. Por tanto, será primordial e levará a cabo obrigatoriamente a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

Nesta materia aplicaranse os criterios xerais da UDC, no seu compromiso da perspectiva de xénero.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC  (https://www.udc.es/es/normativa/academica/).