Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Nanotecnoloxía na Industria Alimentaria | Código | 610G04044 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Nas sesións maxistrais os contidos fundamentais de cada un dos temas serán impartidos polo profesorado mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos. Para o seu mellor aproveitamento, os estudantes dispoñerán con antelación dos materiais docentes idóneos no Campus Virtual. Potenciarase a participación do alumnado. |
Seminario | Como complemento das sesións maxistrais, realizaranse seminarios dedicados á análise e resolución de problemas ou casos prácticos relacionados coa nanotecnoloxía na industria alimentaria. Impartiranse en grupos reducidos, fomentando así a participación do alumnado e o traballo colaborativo. Tamén se poderá levar a cabo un prelaboratorio ou sesión explicativa das prácticas de laboratorio. |
Proba mixta | Proba escrita para avaliar o grao de adquisición de coñecementos e competencias polo alumnado. E que pode combinar diferentes tipos de preguntas: de opción múltiple, de asociación, explicación, resolución de problemas ou cálculo. |
Prácticas de laboratorio | No laboratorio de prácticas levaranse a cabo unha serie de actividades para que o estudante (en grupos reducidos) aprenda a manexar diversas técnicas utilizadas na área da nanotecnoloxía alimentaria. Impartirase unha sesión inicial para expoñer aos estudantes os contidos e dinámica das prácticas. O alumnado deberá elaborar unha memoria do traballo realizado cunha análise crítica e detallada. |