Recoméndase levar ao día a materia, realizar a preparación das
prácticas e seminarios de forma exhaustiva e aproveitalas para aclarar dúbidas,
conceptos, completando a formación teórica necesaria. Ter coñecementos de
inglés e das ferramentas básicas das TIC. Programa Green Campus Facultade de Ciencias: Para axudar a
conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da
"Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos
documentais que se realicen nesta materia: a) solicitaranse maioritariamente en
formato virtual e soporte informático; b) de realizarse en papel: non se
empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel
reciclado, cando sexa posible, e evitarase a impresión de borradores.Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |