Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 A4 A6 A8 A9 A10 B2 B5 B9 B10 B11 B12 C3 C9 Para acadar recoñecemento académico, sempre que a estadía desenvolvida cumpra as condicións especificadas na normativa, o alumno deberá remitir ao Decanato do Centro un relatorio detallado dos traballos e actividades realizadas. Tal relatorio será elaborado dacordo cun modelo (ANEXO VII).
O titor académico revisará o informe emitido polo alumno, facendo as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións o alumno revisará o documento e entregarao na Administración da Facultade de Ciencias xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.
50
Resumo A2 A3 A9 A10 B2 B3 B4 B12 C1 C2 A empresa ou institución nomeará un titor, que elaborará un informe final, dirixido ao Decanato da Facultade no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante 50
 
Observacións avaliación

Valorarase no seu conxunto, o labor realizado durante as prácticas e a memoria realizada sobre as mesmas.

Recoméndase ao alumnado consultar a rúbrica de avaliación publicada na web do Centro.

Unicamente aqueles estudantes que completen o período de traballo na empresa/institución (traballos tutelados) e que entreguen a memoria resumo das tarefas para a súa avaliación poderán obter unha cualificación superior a 4,5 (sobre 10). Os estudantes que non completen o período de traballo na empresa/institución recibirán unha cualificación proporcional ás horas traballadas, inferior sempre a 4,5 (sobre 10). No caso de non poder rematar o período de traballo por causas de forza maior, o estudante poderá alegar perante o/a decano/a do centro, que podera suspender o efecto desta norma de avaliación.

“Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”