Investigación (Proxecto de investigación) |
A/O estudante deberá identificar o problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. Os traballos concretos a levar a cabo polo estudante dependerán do tipo de traballo a realizar, dentro das posibilidades contempladas para o Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía pola normativa da Facultade de Ciencias. |
Recensión bilbiográfica |
O alumno manexará a bibliografía específica máis relevante sobre o tema do seu traballo de fin de grao (proxecto, memoria ou estudo de casos) a cal deberá ler, analizar o seu contido e realizar unha crítica e valoración en relación á literatura existente e á súa propia experiencia na realización do traballo fin de grao. |
Presentación oral |
Para a defensa pública do TFG, cada estudante disporá dun tempo máximo de 15 minutos (se ben recoméndase unha duración de 10 minutos), do que será debidamente informado polo tribunal. Neste tempo deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender ás preguntas, aclaracións, comentarios e suxestións que lle poidan formular os membros do tribunal de avaliación. |