Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A27 B2 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B25 B26 B27 B28 Durante o periodo de clases, e como parte da avaliación continua, realizaranse unha ou varias actividades, individuais ou en grupo, que poden implicar o uso das TIC. 10
Proba obxectiva A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 Durante o periodo de clases, e como parte da avaliación continua, realizaranse probas que non terán carácter liberatorio. 30
Proba mixta A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 Exame da materia. Celebrarase en primeira e segunda oportunidade. 60
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: Todos
os aspectos relacionados coa avaliación rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

2. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Serán avaliados cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.

2. Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos que na primeira oportunidade.

3. Oportunidade adiantada: Avaliarase cunha proba mixta que suporá o 100% da cualificación final.