Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B24 B25 B26 B27 B28 C3 C6 Ver "observacións avaliación"

A avaliación farase consonte o seguinte baremo:
1) Informe do tutor profesional: 60%
2) Nota media do expediente a recepción do informe do tutor profesional: 20%
3) Asistencia a os eventos que ao largo do curso sexan convocados polo Vicedecanato de prácticas externas ou o Coordinador do Mestrado: 20%
100
 
Observacións avaliación

Será requisito indispensable que o alumno teña aboado o 100% da matrícula do Mestrado para poderlle ser asignadas as Prácticas.

A avaliación do titor da organización consistirá en contestar un cuestionario remitido ao titor da universidade no que se recollen aspectos relacionados coas prácticas, coa puntualidade, coa laboriosidade, coa adaptación ao medio, coas relacións humanas, coa motivación etc.

Ao final do período de prácticas, cada estudante presentará ao titor universitario unha memoria de prácticas  no que se describa a práctica realizada.

A avaliación farase consonte o baremo arriba indicado. Os criterios de avaliación en segunda oportunidade son os mesmos que na primeira.

No caso de que o alumno non acepte realizar a oferta de prácticas xestionada dende o Mestrado/FEE ou non se presente á entrevista (no caso de ser convocado), quedará fora dos procesos de selección realizados a partir dese momento. Atendendo a esto, quedará baixo a responsabilidade do estudante a búsqueda das prácticas curriculares do Mestrado. 

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.