Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A23 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar a metodoloxía do caso utilizando os coñecementos específicos desta materia para elaborar un plan de RR. HH. 50
Presentación oral C1 C5 C6 C7 C8 C10 C11 Valorarase a presentación oral do estudo de caso tendo en conta o seguinte:
- Manexo da terminoloxía específica, precisión e adecuación de contido
- Claridade expositiva
- Exposición ordenada de ideas, capacidade de análise e síntese da información
- Deseño da presentación
- Capacidade de resposta a posibles preguntas e calidade da resposta
30
Solución de problemas A23 A24 A25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para a utilización dos coñecementos específicos desta materia e a súa participación nas actividades propostas en clase. 20
 
Observacións avaliación

Dado o deseño currícular do MBA, para a avaliación do alumno é necesaria unha estreita colaboración dos profesores de cada materia co director responsable da empresa.

O estudo de casos esixe para a súa realización a aplicación adecuada das metodoloxías de solución de problemas, a presentación oral dos resultados do análise, a capacidade de discutir e defender os criterios que sustentan o análise e a búsqueda, filtrado, selección e consulta de fontes documentais que soporten o análise.

Os criterios de avaliación descritos (estudo de casos 50%, solución de problemas 20%, e presentación oral 30%) aplicaranse para a primeira oportunidade. Na segunda oportunidade e na convocatoria extraordinaria, o alumno terá que elaborar o plan de RR. HH. de maneira individual.

Naquelas tarefas que requiran traballar en equipo, o traballo do grupo debe ser realizado de forma equitativa por todos os seus membros, evitando a descompensación nas achegas individuais ao grupo. No caso de que algún membro non realice a súa correspondente contribución ao equipo, non poderá superar a materia en primeira oportunidade. En segunda oportunidade terá que elaborar pola súa conta toda a tarefa asignada ao equipo (plan de RR. HH.), expoñéndoa en caso necesario.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.

Cualificación de non presentado: corresponde ao alumno cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.