O traballo en equipo debe ser realizado de forma equitativa por todos os seus membros, evitando a descompensación nas achegas individuais ao grupo. No caso de que algún membro non realice a súa correspondente contribución ao equipo, non poderá superar a materia en primeira oportunidade; en segunda oportunidade e na Convocatoria Extraordinaria terá que elaborar pola súa conta toda a tarefa asignada ao equipo, expoñéndoa en caso necesario.
Para todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” seguirase a
normativa académica vixente da UDC.