Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A5 A9 A12 B2 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas suscitadas nas sesións ineteractivas. Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas formuladas nas sesións interactivas. Poderanse realizar probas escritas presenciais ou virtuais. Formará parte da avaliación continua. 10
Estudo de casos A6 A10 B3 C2 C3 Valoraranse as solucións propostas polos alumnos á resolución dos casos formulados. Poderanse realizar probas escritas presenciais ou virtuais. Formará parte da avaliación continua 10
Proba mixta C5 C7 Valoraránse as respostas oferecidas polos alumnos ás cuestións suscitadas nunha proba obxectiva que poderá consistir en preguntas conceptuais, de razoamenteo, resolución de exercicios e/ou casos, etc., e que celebrarase en convocatoria oficial (de primeira oportunidade). 70
Discusión dirixida A13 B9 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas formuladas nas sesións interactivas. Poderanse realizar probas escritas presenciais ou virtuais. Formará parte da avaliación continua. 10
 
Observacións avaliación

NORMATIVA DE AVALIACIÓN

- Non se permitirá o acceso á aula do exame con ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

- O estudante deberá acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.

AVALIACIÓN:

- As sesións interactivas realizadas ao longo do curso poden referirse a solución de problemas, estudo de casos e/ou discusión dirixida. Como indicase nas metodoloxías, as sesións interactivas representan un 30% da avaliación, isto é un máximo de 3 puntos.

- As probas que se realicen ao longo do curso, incluso impartíndose clases presenciais, poderán celebrarse en modo virtual. 

- As cualificacións obtidas nas sesións interactivas sumaranse as que se obteñan na proba obxectiva, sempre que nesta última obtéñase unha nota mínima de 3,5 puntos sobre o máximo establecido para esta proba, que é de 7 puntos. Para superar a materia será necesario alcanzar, como mínimo, unha cualificación final de 5 sobre 10.

- A cualificación de Non Presentado corresponderá ao alumnado que non participe nas actividades de avaliación, ou que soamente o faga naquelas que supoñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación total, independentemente da que sería a cualificación final obtida.

- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica: Excepto para as datas aprobadas na Xunta da Facultade para as probas obxectivas, para o resto das probas, e a requirimento do alumno, acordarase ao inicio do curso un calendario de datas compatíbeis coa súa dedicación.

OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

- Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades.

- Na convocatoria adiantada, se non fose posíbel a realización de actividades interactivas proporase un exame de toda a temática da materia coa posibilidade de acadar un 100% da nota.

- Na segunda oportunidade o alumno debe obter unha nota de polo menos 3,5 sobre 7 na proba obxectiva. No caso de que a cualificación final tras engadir a nota das sesións interactivas realizadas ao longo do curso no sexa suficiente para aprobar a materia (un mínimo de 5 sobre 10), o estudante terá dereito a repetir aquelas partes das sesións interactivas que sexan posible recuperar.

OUTRAS OBSERVACIÓNS:

- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

RECOMENDACIÓNS:

- Para preparar as probas utilizarase a bibliografía recomendada, así como o material entregado nas clases. Aconséllase que se resolvan sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada sempre que sexa necesario.