Proba obxectiva |
A2 A4 A7 A8 A13 B2 B1 B3 B4 C1 C2 |
Consistirá na realización dun examen escrito sobre os contidos teóricos do programa na convocatoria oficial da primeira oportunidade. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa. |
60 |
Normativa de avaliación: - Se esixe asistencia obrigatoria á clase da materia desde o primeiro día. En caso de que o/a estudante esté pendente de completar o proceso de matrícula, se lle esixirá copia asinada da matrícula académica coa data correspondente para que non computen as ausencias iniciais. Dito requisito de asistencia é obrigatorio para presentarse ás probas do curso tanto na primeira como na segunda oportunidade. Un/Unha estudante só pode faltar á clase, sen os xustificantes oficiais que sinala a normativa académica, como máximo 3 veces no cuadrimestre.
- En paralelo, só están dispensados de asistir á clase presencial, pero non das probas realizadas ao longo do curso, os estudantes que teñan concedida a dispensa académica oficial. É decir, trátase do caso dos estudantes con "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia". O estudante que se atope nestas circunstancias debe poñerse en contacto obrigatoriamente co seu docente vía correo electrónico da UDC antes do 30 de setembro de 2024.
- Os alumnos/as deben consultar
obrigatoria e frecuentemente o campus virtual da materia, onde os docentes colocan información relevante.
Ademáis, os estudantes deben
subir obrigatoriamente unha foto actualizada ao seu perfil no campus virtual para a
súa correcta identificación antes do 1 de outubro de 2024. - Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquer
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de
información. - De igual xeito, é necesario que cada alumno/a que desexe
realizar as probas se identifique correctamente co D.N.I. na aula onde se
vaia realizar a proba (ten que acreditar a súa personalidade dacordo ca
normativa vixente). - A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se for necesario.
Tipo de cualificación: - A calificación de "non presentado" corresponde ao alumno/a, cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao
20% sobre a calificación final, con independencia da calificación acadada.
Tipo de avaliación: - Primeira oportunidade: os criterios de avaliación son os marcados nesta sección. Para superala asignatura, o estudante debe obter como mínimo 50
puntos dos 100 totais. Polo tanto, todolos estudantes, incluidos os que teñan
"recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención
de asistencia", poderán superala materia obtendo a lo menos 50 puntos dos 100
totais entre todalas probas do curso, incluíndo o exame da 1ª oportunidade. Aqueles estudantes que non poidan
acudir as probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos
certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica
-caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar as mesmas
noutra ocasión que lles será comunicada polos docentes, tendo en conta o sinalado polo
regramento académico. - Respecto á convocatoria da segunda oportunidade e a da
extraordinaria adiantada, ambalas dúas consistirán na realización dunha proba
obxectiva nas datas oficiais cun valor máximo do 100% da nota final. Polo tanto, nelas poderase recuperar a avaliación continua realizada durante o primeiro cuadrimestre. En ambalas dúas oportunidades, os estudantes poderán superar a materia
obtendo a lo menos 50 puntos dos 100 potenciais.
|