Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Macroeconomía | Código | 611G01017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A3 A4 A7 A9 A11 A12 A13 B2 B3 B4 B8 C1 C2 C3 | Tarefas de procura e interpretación da información, análise de datos e estudo da realidade macroeconómica. | 20 |
Proba obxectiva | A3 A4 A9 A11 A12 A13 B6 C1 C6 | Exame final | 70 |
Traballos tutelados | A2 A3 A5 A6 A8 A9 A10 A12 A13 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C3 C4 | Traballo en grupo: estudo da situación macroeconómica dun país. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación final (CF) de 5 sobre 10, e os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. O examen final (EX) cualificaranse sobre 10, debéndose obter un mínimo de 5 puntos para aprobar. Neste caso, Neste caso, é dicir, no caso de obter un mínimo de 5 puntos no exame final, a cualificación final da materia calcularase utilizando a seguinte fórmula:CF=EC+EX(10-EC)/10, onde EC indica a puntuación obtida na avaliación continua durante o curso, que representa o 30% (máx. 3 puntos). A participación activa na clase pode compensar ata un punto sobre dez das demais actividades. É dicir, a "participación" non constitúe unha actividade avaliable por si, senón que pode permitir compensar parcialmente a avaliación recibida nas demais actividades realizadas, no caso de non ter obtido a máxima puntuación. A participación valorarase de forma obxectiva a partir das actividades realizadas na clase. En particular, para a avaliación da participación, teranse en conta as respostas ás preguntas realizadas na clase sobre as lecturas asignadas en cada tema. OUTRAS OBSERVACIÓNS - Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. - Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. - Se incorporará a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas) - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |