Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A9 A10 A13 B2 B3 B4 C2 Pedirase aos estudantes que presenten na aula un caso práctico que deberán resolver previamente traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta o rigor na súa resolución, a presentación feita na aula e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. 20
Proba mixta A4 A9 A12 B2 B3 C3 No día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final que representa unha avaliación global da materia. 30
Proba práctica A4 A9 A12 B2 B3 C3 Ao inicio de cada unha das sesións destinadas a discutir exercicios e casos prácticos, o docente poderá presentar aos estudantes un pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fóra da aula, que deberá ser resolto de xeito individual no tempo marcado polo docente. 40
Proba obxectiva A4 A9 A12 B2 B3 C3 Durante o curso realizarase unha proba intermedia sen previo aviso. 10
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA A CLASE E AVALIACIÓN CONTINUA

A asistencia a clase é fundamental para acadar os obxectivos de aprendizaxe da materia. Por esta razón, para valorar as actividades de avaliación continua (proba obxectiva, probas prácticas e presentación oral) será necesaria unha asistencia mínima do 70%. Se non se alcanza esta porcentaxe, estas actividades serán valoradas con cero puntos. 


OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN 

a) Primeira oportunidade: 70% avaliación continua (segundo o descrito nesta guía) e 30% exame final. 

b) Segunda oportunidade: 70% avaliación continua e 30% exame final. No que respecta á avaliación continua, o estudante poderá elixir entre manter a nota acadada durante o cuadrimestre ou realizar unha proba substitutiva das actividades de avaliación continua. Esta proba será total ou parcialmente oral, versará sobre calquera aspecto teórico ou práctico traballado ao longo do curso e representará o 70% da cualificación final.
  
c) Oportunidade adiantada: Realizarase unha única proba, total ou parcialmente oral, destinada a avaliar todos os contidos e competencias da materia. A nota desta proba representará o 100% da cualificación. 

Para todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” seguirase  a normativa académica vixente da UDC.