Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A5 B3 B4 B8 Este exame final programarase coincidindo coa data da convocatoria da primeira oportunidade. Deberase acadar un mínimo do 50% do 100% da nota. Para optar á primeira oportunidade requírese unha asistencia mínima ao 75% das clases da materia.

Se a materia non se supera na convocatoria da primeira oportunidade (avaliación continua durante o curso e exame final da primeira oportunidade), o alumno deberá realizar a segunda oportunidade que abarcará todos os contidos da materia. Aqueles alumnos que decidan realizar a segunda oportunidade (sesión de xullo) terán que afrontar un exame cun peso do 100% da nota final da materia.
50
Proba mixta A10 B8 C2 C6 C7 C8 Correspóndese con unha ou varias actividades (avaliación continua do estudante), que poderá consistir en probas tipo test, resolución de problemas, desenvolvemento de preguntas curtas, etc. Cando as actividades (avaliación continua) estean baseadas en probas tipo test, as preguntas incorrectas restarán puntuación. Para aprobar a materia será necesario acadar un mínimo do 50% sobre o 100% da cualificación en cada unha das actividades. 50
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 

 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. 

 2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente. 

3. Comportamento Fraudulento: Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

 B) TIPOS DE CALIFICACION

 1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, independentemente da calificación acadada. 

2. Calificación de suspenso (nota numérica de "0"): Caso de comportamento fraudulento

 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia á exención de asistencia: Agás as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación 

 C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

 1. Primeira oportunidade: Os criterios de avaliación previamente indicados neste
apartado.

 2. Segunda oportunidade: Só haberá un exame na "segunda oportunidade" (convocatoria de xullo) onde o peso deste exame  será o 100% da nota final da asginatura. O exame de segunda oportunidade consistirá en preguntas de opción múltiple. O exame da segunda oportunidade tamén pode incluír preguntas curtas para explicar o contido da materia e / ou a resolución de problemas. 

 3. Convocatoria adiantada: As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán específicas para esta oportunidade. Avaliarase mediante unha proba mixta que representará o 100% da nota final.