Obradoiro |
A5 A6 A8 A10 B3 B10 C8 |
Requirirase a realización das prácticas. As prácticas realizaranse sobre os temas propostos no programa. |
50 |

Para aprobar a materia sera necesario:

1.- Aprobar o exame final sobre os temas propostos. É necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 no exame para aprobar a materia. Este exame supón o 50% da cualificación, se ben (independentemente da cualificación obtida), non é suficiente para aprobar a materia. Ademais, obrigatoriamente, terá que:

2.- Entregar todas as prácticas propostas puntualmente. Cada práctica valorarase do 1 ao 10. A nota final das prácticas será a media aritmética de todas elas. Cada práctica non entregada cualificarase cun cero, computando como tal no cálculo da media. En caso de falta debidamente xustificada, o profesor comunicará ao alumno oportunamente en clase a solución proposta.

3. -Valorarase a participación en clase e a exposición en público das prácticas e outros exercicios propostos.

No caso de que o alumno/a aprobase a parte práctica e non superase a proba obxectiva, examinarase na segunda oportunidade da convocatoria da proba obxectiva, mantendo en consecuencia a nota da parte práctica. Na convocatoria adiantada se manterá os criterios de avaliacion da segunda oportunidade.

Quen non superase a parte práctica deberá realizar algunha proba a maiores na segunda oportunidade para poder superar a asignatura.

Por outra banda, A) Cualificación de non presentada: corresponde ao alumno, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada. A) Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia á exención de asistencia, aínda que estean exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os estudantes a tempo completo

) Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necerario