Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía | Código | 611G02003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente | |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente | |
|
Materias que continúan o temario | |
|
Observacións | |
Recoméndase a asistencia continuada e regular á clase e o estudo diario da materia. A lectura da Guía Didáctica desta materia é fundamental para coñecer as orientacións xerais da materia e as actividades prácticas que se deben realizar. Así mesmo, recoméndase o uso frecuente do Moodle da materia onde o alumnado será informado das propostas do profesor (avisos, prácticas, exercicios, noticias, etc.) e atopará os materiais obrigatorios da materia. Ademais, como norma xeral, hai que ter en conta as seguintes cuestións: 1.- A entrega dos traballos documentais realizados nesta materia farase en soporte papel cumprindo os seguintes puntos: - Non se utilizarán plásticos. - Realizarase impresión a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitaranse borradores de impresión. 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e evitar impactos negativos sobre o medio ambiente. 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4.- De acordo coas distintas normativas aplicables á docencia universitaria, a esta materia deberá incorporarse a perspectiva de xénero (utilizarase unha linguaxe non sexista, empregarase bibliografía de autores de ambos sexos, fomentarase a intervención do alumnado na clase. ...) 5.- Traballará na identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas, e influirá no medio para modificar e promover valores de respecto e igualdade. 6. Débense detectar situacións de discriminación de xénero e propor accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitará a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psicolóxicas ou socioculturais, experimente dificultades para acceder á vida universitaria de xeito adecuado, en igualdade e rendibilidade. |