| Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
| Asignatura | Matemáticas II | Código | 611G02010 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Actividades iniciais | Durará unha hora e será a presentación da materia. |
| Proba de resposta múltiple | Haberá varias probas de resposta múltiple (tipo test) ao longo do cuadrimestre. Estas probas constarán de diversas preguntas con varias respostas das que só unha será verdadeira, relativas a conceptos teóricos e prácticos abordados nas clases de sesión maxistral, de solución de problemas e seminarios. |
| Proba mixta | Ao final do cuadrimestre haberá unha proba mixta (teórica e práctica). Esta proba será realizada na data oficial de avaliación que determine o centro para esta materia. |
| Sesión maxistral | Haberá un total de 15 horas de clase maxistral, que estará centrada na exposición dos contidos de carácter máis teórico. |
| Seminario | Realizaranse varios seminarios con atención persoalizada de carácter eminentemente práctico. Estes seminarios serán preferentemente presenciais, salvo causa de forza maior. Coa antelación suficiente publicitaranse para cada grupo as datas, horarios e aulas. |
| Proba práctica | Realizaranse varias probas prácticas ao longo do cuadrimestre. Estas probas constarán de unha ou varias preguntas as que se deberá contestar por escrito e xustificando debidamente as respostas. |
| Solución de problemas | Haberá un total de 25 horas de clase de solución de problemas, que consistirá na exposición e realización de problemas dos contidos prácticos dos diferentes temas. |