Metodoloxías
|
Obradoiro |
Discusión dirixida |
Proba mixta |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula ou fóra dela teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o estudante será guiado polo docente de xeito que poda chegar á solución/s dos casos que se lle propoñen. Esta orientación realizarase na aula, cando o estudante o solicite ou o docente perciba que este ten dificultades para enfocar a cuestión a resolver, pero tamén en titorías individuais. Por último, a atención personalizada tamén é moi importante nas titorías en grupo reducido (TGRs), destinadas á orientación e seguimento do traballo realizado polos estudantes. Estas TGRs non están programadas no horario de docencia publicado pola FEE. Será o profesorado da materia quen comunique aos estudantes as datas previstas para as mesmas. |
|