| Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
| Asignatura | Estatística e Introdución á Econometría | Código | 611G02014 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Actividades iniciais | As clases comezarán cunha presentación da materia, na que expoñerase con detalle o traballo a desenvolver polo estudantado e como vai ser avaliado. |
| Sesión maxistral | Baséase na exposición oral dos conceptos e métodos por parte do profesorado. A exposición inclúe exemplos e exercicios que poñen de relevo as posibilidades e limitacións das técnicas analizadas. |
| Solución de problemas | Docencia interactiva dedicada á solución de problemas nos que se aplican os conceptos teóricos. |
| Prácticas a través de TIC | Sesións interactivas dedicadas á presentación e aplicación das ferramentas informáticas relacionadas cos contidos do programa. |
| Obradoiro | Sesións nas que se realizarán aplicacións da teoría, exercicios, problemas e tarefas prácticas. |
| Traballos tutelados | Os estudantes realizarán un traballo en grupo da parte de Introdución á Econometría, no que combinarán o aprendido nas sesións maxistrais e nas clases de taller e prácticas a través de TIC. O traballo estará supervisado polo profesorado da materia durante a súa realización. |
| Proba obxectiva | Realizaranse dúas probas para avaliar o grao de aprendizaxe, unha de Estatística e outra de Introdución á Econometría. |