Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G02001
Principios de Macroeconomía/611G02005
Estatística I/611G02006
Matemáticas I/611G02009
Matemáticas II/611G02010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Econometría/611G02019

Observacións

1) REQUISITOS PREVIOS

Esta materia é a continuación da materia Estatística de primeiro curso. É moi recomendable que os estudantes estean familiarizados cos contidos que alí se impartiron, e de forma moi especial coas propiedades da media e da varianza, a regresión lineal, as distribucións de probabilidade, o manexo das táboas estatísticas e o teorema central do límite. Tamén é conveniente que repasen algúns conceptos básicos de álxebra matricial, como o produto de matrices e o determinante e a inversa dunha matriz.

2) OUTRAS CONSIDERACIÓNS

- Terase en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.