Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Contabilidade Financeira II | Código | 611G02018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A1 A4 A5 A8 A9 A10 A11 B1 B3 B6 B8 C5 C8 | Primeira oportunidade: 50% a evaluación continua e 50% proba mixta (examen). Segunda oportunidade: 100% Proba mixta (examen) sobre os contidos da materia. Na segunda oportunidade non se conserva a puntuación obtida na avaliación continua xa que se substitúe pola nota do exame final puntuado co 100%. Para poder apreciar competencias lingüísticas, as probas de avaliación, no grupo con docencia en inglés, poderán ter un formato diferente ás realizadas nos demais grupos. |
100 |
Observacións avaliación | |||
ASISTENCIA A CLASE E AVALIACIÓN CONTINUA A importancia da asistencia a clase para acadar as competencias da materia motiva que para poder valorar as actividades de avaliación continua (probas de seguemento) será necesaria unha asistencia mínima do 70%. Se non se alcanza esta porcentaxe, estas actividades serán valoradas con cero puntos. Na avaliación continua , ademáis, terase en conta a participación do alumnado en actos académicos organizados pola FEE, Green Campus e outras actividades similares, así como a participación en clase e o traballo continuo ao longo do cuadrimestre. Deste xeito, a cualificación obtida nas probas de seguemento poderá incrementarse ata un punto, co límite máximo de 5 puntos que corresponden á avaliación continua. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN a) Primeira oportunidade: 50% avaliación continua (segundo o descrito nesta guía) e 50% exame final. b) Segunda oportunidade: 100% exame final. c) Oportunidade adiantada: na convocatoria adiantada, e só neste caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. Os criterios de puntuación de dita proba daranse a coñecer no momento da proba e subministraranse xunto co enunciado desta.A nota desta proba representará o 100% da cualificación. Para todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” seguirase á normativa académica vixente da UDC. NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información, excepto nas probas que se realicen en Moodle. Neste último caso, indicarase ao alumno con qué tipo de dispositivo pode acceder ao examen. 2. Identificación do alumno: o alumno deberá acreditar a sua personalidade segundo a normativa vixente. TIPOS DE CUALIFICACIÓN 1. Cualificación de non presentado: corresponde ao alumno, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independientemente da cualificación acadada. |