Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Contabilidade de Xestión | Código | 611G02022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A1 A4 A6 A7 B1 B5 B6 B7 B8 C5 | Valorarase a participación do alumnado nas clases prácticas, na presentación de traballos, a calidade das súas opinións e aportacións, o traballo na aula e a presentación de pequeños problemas que terá que resolver por sí mesmo/a, ou en pequenos grupos, de xeito oral ou escrito; valorarase tamén a participación no Green Campus, a asistencia a conferencias organizadas por os responsables da materia, a Facultade, etc. e a presentación de resumos ou opinións sobre as mesmas. | 30 |
Proba mixta | A2 A3 A5 A8 A9 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B9 C1 C6 | Exame escrito que incluirá cuestións teóricas e/ou cuestións prácticas. | 70 |
Observacións avaliación | |||
A continuación especifícanse os criterios para a avaliación na primeira e a segunda oportunidade. Na primeira oportunidade a superación da materia precisará que o/a alumno/a teña sido valorado/a tanto na súa participación na avaliación continua (estudo de casos e solución de problemas), e na "proba mixta". Segunda oportunidade: haberá unha "proba mixta" final cun peso do 100% da avaliación, que incluirá tanto cuestións teóricas como prácticas, e na que haberá de demostrar ter alcanzado as competencias e resultados de aprendizaxe da materia. A cualificación na Segunda oportunidade será a maior entre as dúas seguintes: - A cualificación obtida na "proba mixta" final (100%) - A cualificación obtida na "proba mixta" ponderada ao 70%, máis a cualificación obtida na avaliación continua (30%). Outras consideracións: - Convocatoria adiantada: proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba mixta na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que desmostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia. - Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación que non supere o 20% da avaliación, con independencia da cualificación acadada. - Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Poderá escoller a súa avaliación co criterio xeral, ou optar por unha proba mixta cun peso do 100% sobre a - Consonte a memoria de verificación dos graos da Facultade de Economía e Empresa, a asistencia a clase é obrigatoria, e terase en conta na avaliación final. CONDICIÓNS DE AVALIACIÓN: - está prohibido o acceso ás aulas de exame con calquera tipo de dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, excepto naqueles casos nos que o profesorado responsable da materia así o estableza. - O/a estudante haberá de identificarse antes do inicio da proba utilizando calquera dos medios aceptados pola Universidade da Coruña Sexa cal sexa a convocatoria ou a dedicación do/a estudante, a todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|