Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Análise Económico das Organizacións | Código | 611G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta múltiple | A8 A11 B1 B2 | Examen tipo test, con penalización para as respostas incorrectas. | 60 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 | Actividade a realizar en grupo/individual. Na presentación da asignatura, o profesorado explicará as actividades a realizar. | 40 |
Observacións avaliación | |||
A) CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO" E DE "SUSPENSO" POR SANCIÓNS DISCIPLINARIAS 1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada. 2. Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese (artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC): o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. B) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN 1. Primeira oportunidade: A avaliación correspondente a primeira oportunidade farase a partires dunha proba de resposta múltiple (60%) e a presentación/defensa dos diferentes casos prácticos/traballos (40%). No caso da proba de resposta múltiple, a data de realización será a fixada no calendario oficial para a primeira oportunidade. A presentación dos traballo realizarase durante o período lectivo do curso, de acordo co calendario fixado polo profesor para cada grupo. Para superar a asignatura haberá que acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global da avaliación, pero ademáis é condición sine qua non acadar 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a do examen. 2. Segunda oportunidade: No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo a avaliación farase do mesmo xeito que para a 1ª oportunidade, tendo en conta o seguiente: 1º) aqueles estudantes que supenderon na 1º oportunidade, as notas acadadas nos traballos de avaliación continua serán tidas en conta; 2º) os estudantes que non se presentaron a 1ª oportunidade e non fixeron os traballos poderán facelo ou renunciar a avaliación continua por escrito (neste caso a nota do exame seria do 100%). Neste caso, para realizar a avaliación continua, o estudantado dirixirase ao profesorado coa suficiente antelación para que lle indique as indicacións correspondentes. Para aprobar, igual que na 1º oportunidade, necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global, pero ademáis é condición sine qua non acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a obtida en dita proba. 3. Convocatoria adiantada: Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada, a avaliación só se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 C) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: 1.Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.” |