Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Sistemas de Información para a Xestión Financeira da Empresa | Código | 611G02028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | 1. Exposición nas clases presenciais dos contidos teóricos e prácticos da materia co obxeto de orientar ao alumnado na sua preparación. 2. O tempo adicado a cada un dos capítulos nos que está dividida a materia será proporcional ao grao de dificultade na preparación dos mesmos e á súa extensión, de xeito tal que non se adicará o mesmo tempo a cada un dos capítulos, senón que se afondará máis nuns ca noutros. Todo elo, a xuízo do equipo docente que imparte a materia. 3. Para a preparación dos capítulos de menor dificultade de comprensión remítese ao alumnado á bibliografía, se ben nas clases presenciais orientarase ao alumnado acerca de: a) que fontes concretas se recomenda utilizar b) que aspectos son os máis relevantes e de maior interese para alcanzar os resultados da aprendizaxe establecidos para a asignatura. 4. Discusión, conxunta para todos os grupos de traballo, do desenvolvemento encomendado a cada un dos grupos. O alumnado pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra; b) a iniciativa do profesorado, que solicitará expresamente a intervención do alumnado. |
Solución de problemas | 1. Elaboración, exposición e solución de exemplos prácticos. 2. Plantexaránse exercicios e/ou lecturas a realizar polo alumnado en horas non presenciais ou de traballo autónomo. Nas horas presenciais posteriores farase: a) unha revisión dos exercicios nos que o alumnado pode intervenir nos termos descritos no punto 3 b) sobre as lecturas abrirase a correspondente quenda de preguntas a fin de aclarar aqueles aspectos que o alumnado plantexe sobre o contido das mesmas. 3. O alumnado pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir a quenda de palabra; b) a iniciativa do profesorado, que solicitará expresamente a intervención do alumnado. |
Proba práctica | Durante o periodo de clases realizaranse unha ou varias probas de avaliación continua, que non terán carácter liberatorio. |
Proba mixta | Rematado o periodo de clases realizarase un exame teórico-práctico sobre todos os contidos da materia, tanto para a primeira coma para a segunda oportunidade. |
Seminario | Titorías en grupo reducido para a discusión dos contidos da asignatura que se realizarán preferiblemente en Teams. A data ou datas para a súa celebración, así coma o seu formato, determinaranse en función do progreso dos traballos a que se fai referencia na "Solución de problemas". O alumnado pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra; b) a iniciativa do profesorado, que solicitará expresamente a intervención do alumnado. |