Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Forumularanse exemplo ou preguntas de discusión que serán discutidos polo docente e que complementan a clase magistral e nos que se aplicará os fundamentos para resolve-los.

Igualmente, explicaranse en clase problemas ou exemplos que guardan relación coa teoría que os alumnos deben saber resolver aplicando os fundamentos que se explican en clase. E un complemento da clase maxistral
Proba de resposta múltiple Test de respuesta multiple individual: 20 preguntas tipo test, con penalización para as respostas incorrectas (penalizacion dun tercio do valor da pregunta).
Esta proba é discrecional por parte do docente en función da avaliación continua que desenvolva o alumno.
Proba mixta Resolución por parte dun grupo reducido de alumnos de casos prácticos curtos ou de preguntas cortas e de resposta breve ou dun caso de estudio general. Estas probas desenvolveranse en grupos de 4 a 7 membros ao longo do cuatrimestre e a nota obtida será a mesma para tódolos integrantes do grupo. Avisarase coa debida antelación dos días destinados a tales probas.
Seminario Os seminarios están pensados como titorías en grupo (posto que se convocará a subgrupos de 15 alumnos) para orientar aos mesmos na preparacion da asignatura e as suas probas así como resolve-las dúbidas en relación coas mesmas. O lugar de realización das titorias e a planificacion das mesmas comunicaránse coa debida antelación e se realizarán a través da plataforma MSTeams.

Son 4 horas por cada subgrupo (15 alumnos aprox.)
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo comunitario coa aprendizaxe nun único proxecto, no que o alumnado fórmanse traballando sobre as necesidades reais do seu contorno para melloralo.
O estudantado matriculado na materia ofrecerá a posibilidade de participar nunha actividade de aprendizaxe-servizo cunha entidade colaboradora.
O estudante pode escoller entre a actividade de aprendizaxe-servizo ou o a proba mixta, é dicir, esta actividade e a anterior son
excluintes, polo que os alumnos/as SÓ farán unha delas.
Sesión maxistral Explicación en clase dos diferentes temas con apoio de transparencias e medios audiovisuais. Valorarase a participación do alumno