Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Forumularanse exemplo ou preguntas de discusión que serán discutidos polo docente e que complementan a clase magistral e nos que se aplicará os fundamentos para resolve-los.

Igualmente, explicaranse en clase problemas ou exemplos que guardan relación coa teoría que os alumnos deben saber resolver aplicando os fundamentos que se explican en clase. E un complemento da clase maxistral
Proba obxectiva Exame escrito (preguntas abertas ou cerradas relacionadas co temario da materia) ou test de resosta multiple individual (20 preguntas tipo test, con penalización para as respostas incorrectas (penalizacion dun tercio do valor da pregunta).

Estudo de casos Resolución por parte dun grupo reducido de alumnos de casos prácticos curtos ou de preguntas cortas e de resposta breve ou dun caso de estudio general. Estas probas desenvolveranse en grupos de 4 a 7 membros ao longo do cuatrimestre e a nota obtida será a mesma para tódolos integrantes do grupo. Avisarase coa debida antelación dos días destinados a tales probas.
Seminario Os seminarios están pensados como titorías en grupo (posto que se convocará a subgrupos de 15 alumnos) para orientar aos mesmos na preparacion da asignatura e as suas probas así como resolve-las dúbidas en relación coas mesmas. O lugar de realización das titorias e a planificacion das mesmas comunicaránse coa debida antelación e se realizarán a través da plataforma MSTeams.

Son 4 horas por cada subgrupo (15 alumnos aprox.)
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo comunitario coa aprendizaxe nun único proxecto, no que o alumnado fórmanse traballando sobre as necesidades reais do seu contorno para melloralo.
O estudantado matriculado na materia ofrecerá a posibilidade de participar nunha actividade de aprendizaxe-servizo cunha entidade colaboradora.
O estudante pode escoller entre a actividade de aprendizaxe-servizo ou o a proba mixta, é dicir, esta actividade e a anterior son
excluintes, polo que os alumnos/as SÓ farán unha delas.
Sesión maxistral Explicación en clase dos diferentes temas con apoio de transparencias e medios audiovisuais. Valorarase a participación do alumno