Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A4 A5 A12 B5 C1 C6 C7
Tal e como se indica no apartado de planificación, a actividade de aprendizaxe-servizo e o estudo de casos SON EXCLUÍNTES, polo que os estudantes elixirán entre a realización dunha ou outra actividade, de maneira que a ponderación correspondente será a suma do asignado a cada actividade. É dicir, o 40% da nota final. Esta porcentaxe poderá chegar ao 70% se a proba obxectiva é do 30%
20
Estudo de casos A4 A5 A12 B5 C1 C6 C7 Formaranse subgrupos de estudantes que terán que resolver casos prácticos. A resolución dos mesmos será presentada en clase polos membros do grupo. A data e horario para resolver os casos proporcionaranse con antelación.

Tal e como se indica no apartado de planificación, a actividade de aprendizaxe-servizo e o estudo de casos SON EXCLUINTES, polo que o alumnado elixirá entre a realización dunha ou outra actividade, de maneira que a ponderación correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir, o 40% da nota final. Esta porcentaxe poderá chegar ao 70% se a proba obxectiva é do 30%
20
Proba obxectiva A2 A1 B6 B7 B8 B9 A porcentaxe da proba obxectiva é discrecional por parte do profesor, podendo establecerse nun intervalo entre o 30% e 60%. En caso de ser o 30%, a porcentaxe restante formará parte da avaliación continua.

No caso de que a proba obxectiva sexa tipo test, as preguntas mal contestadas penalizan. Esta proba establece un mínimo ou restrición para poder aprobar a materia. É dicir, independentemente da nota obtida no estudo de casos/ApS, se non se alcanza unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba obxectiva, a nota do estudo de casos/ApS non se computará a efectos da nota global da materia. En consecuencia, a cualificación do estudante basearase unicamente nos resultados da proba obxectiva (aplicada a ponderación correspondente). Este criterio mantense para a opción de exame de xullo.
60
 
Observacións avaliación

As metodoloxías propostas persiguen dous obxectivos básicos: i) incentivar ó alumno para que traballe de xeito continuado ó longo do curso e ii) fomentar a autonomía do alumno no proceso de aprendizaxe.

APRENDIZAXE-SERVIZO/PROBA MIXTA (40%): Como se menciona no apartado de planificación, a actividade de "aprendizaxe-servizo"

e a actividade "estudo de casos" son excluintes, polo que o alumnado elixirá entre a realización dunha ou outra actividade, polo que a nota

correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir, o 40% da nota final. En relación co ApS, esta proba está supeditada á

dispoñibilidade dunha entidade ou asociación para a realización do proxecto de aprendizaxe-servizo e non se ofrecerá a todo o alumnado.

No caso de non poder realizar a ApS, todos os alumnos realizarán os estudos de casos.

En canto ó exame final e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión Permanente da Facultade de Economía e

Empresa do 6 de xullo de 2011: 

Cualificación de non presentado. Corresponde ó alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación

inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. 

Condicións de realización do exame final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación

co exterior e/ou o almacenamento de información. 

Avaliación da oportunidade de xullo. Esta debe realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación do primeiro

ou do segundo cuadrimestre. Isto é, debese facer o examen e as practicas correspondentes no caso de que non as teña feitas.

no caso de que ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e só nese caso, realizarase un estudo de caso

encamiñado a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. 

Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a

tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de

comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico

de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de

avaliación que o alumnado a tempo completo. Excepto para as fechas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva,

para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación.

Concesión de Matrícula de Honra. Se podrá solicitar una proba alternativa por parte dos profesores para a concesión da matricula de

honra.

Implicacións do plaxio na realización das probas ou actividades de avaliación. A realización fraudulenta das probas ou actividades

de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente,

invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

En todo caso e para todos os efectos, os aspectos relacionados coa "exención académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e

"fraude académica" rexeranse conforme á normativa académica vixente da UDC, https://www. udc.es/es/normative/academic/