-
Débese facer un uso sostible dos recursos co fin de evitar impactos negativos
sobre o medio natural. -
O comportamento persoal e profesional debe guiarse por principios éticos. -
Terase en conta na medida do posible a perspectiva de xénero. - Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas e promover valores de respecto e igualdade. -
Se se detectan situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse
actuacións e medidas para corrixilas. -
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais experimente dificultades para acceder a
unha vida universitaria adecuada, igualitaria e beneficiosa. |