Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple B11 B12 B14 Realización dun exame tipo test na aula. 40
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A9 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B10 B12 B14 C2 C6 C7 C8 Asistencia ás aulas. 50
Solución de problemas A1 A2 A3 A5 A8 A9 A10 A11 A15 A20 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B10 B12 B13 B14 B19 B21 B22 B23 C1 C2 C6 C7 C8 Entrega dos informes nas datas que se sinalen. 10
 
Observacións avaliación
Avaliación:

 A cualificación final da materia obterase da suma dos puntos obtidos na avaliación continua e os obtidos na proba obxectiva ao final do cuadrimestre.

 1º) Avaliación continua (60%):

 O profesorado valorará o traballo realizado polo alumnado ao longo do cuadrimestre, dentro e fóra da aula, cun máximo de 6 puntos. Para iso, o alumnado deberá asistir a clase e realizar as actividades que encargue o profesorado nos prazos e nas condicións que se establezan. Para a obtención de puntos de avaliación continua será necesaria a asistencia ao 80% das clases, agás nos casos de estudantes a tempo parcial que obteñan a exención académica*.

 2º) Proba obxectiva (40%):

 Ao final do cuadrimestre, o alumnado deberá realizar unha proba obxectiva sobre os contidos explicados na aula e as lecturas impartidas polo profesorado. Para aprobar a materia é imprescindible superar esta proba.

 
*Observacións:

O alumnado a tempo parcial con exención académica cualificarase segundo os mesmos criterios de avaliación, coas seguintes características:

A asistencia mínima requirida para recibir puntos de avaliación continua será do 40%.
O profesorado ordenará actividades complementarias de avaliación continua, equivalentes en tempo de realización ao 40% da axuda prestada”.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.